Santa María, vén e válenos!

No mes de maio cantabamos “Venid y vamos todos…” Arrecendían as flores, alegraban os cantos, emocionaban os versos…


Este ano da pandemia acudimos a Nosa Señora tal como fixo o bispo San
Pedro de Mezonzo (século X) cando viu a cidade de Compostela devastada
por Almanzor. O santo bispo defendeu o sartego do Apóstolo ante aquel
xefe árabe, que tivo compasión do ancián orante e deixouno en paz. Así
contan as crónicas cristiás e árabes.


Vendo a cidade desfeita, o santo bispo acudíu a Nosa Señora. Compuxo a
oración da “Dios te salve, Raíña e Nai”. Nesa oración dicimos que somos
uns desterrados neste Val de Bágoas.


Así imos agora á Nosa Señora. Sentimos que, non só Compostela, senón o mundo enteiro é un Val de Bágoas pola peste do croavirus.


Mais aquel bispo galego (nado en Santa Baia de Curtis, abade en
Mezonzo, despois en Antealtares, finalmente bispo de Compostela) non
perdeu os ánimos. Seguíu adiante. Mandou levantar unha muralla rodeando a
cidade do Apóstolo para evitar invasións. E tan ben quedou defendida a
cidade, tan ben composta e fermosa, que empezaron a chamarlle
“Compostela”. Pequena, si, pero bonita cidade.


Isto sirve para nós, hoxe. Non quedemos derrotados, desanimados.
Invocamos a María neste mes de maio. Quere acompañarnos para volver á
vida parroquial, familiar, escolar.


Volvamos ós nosos traballos con ilusión. Como María, quen, despois do
Calvario, animou ós Apóstolos para que evanxelizasen o mundo enteiro.


Santa María, vén e válenos!


Xosé Pumar Gándara

pastoralsantiago.es