Seminario Menor: nova etapa do Camiño de Santiago

O vindeiro sábado, Deus mediante, realizaremos unha nova etapa do camiño de Santiago. Trátase, nesta ocasión, da que transcorre entre as localidades de Portomarín e Palas de Reis.

Sairemos ás 8:00 da mañá do Seminario Menor, e poden participar todos aqueles que o desexen: alumnos, familia, personal e amigos desta institución, etc.

O único que se precisa levar é a comida da etapa, chubasquero, ganas de camiñar e desexos de atoparse con Deus, que tamén fala no silencio da peregrinaxe.

Os que desexen participar, non se olviden de avisar en santiromero@smasuncion.es
Más información en www.smasuncion.es/

pastoralsantiago.es