Inauguración e bendición do belén da Catedral de Santiago

Martes 6 de decembro de 2022, 17:00 h.

-Igrexa de Santo Agostiño, Santiago de Compostela.

Este martes 6 de decembro, o Deán da Catedral de Santiago, D. José Fernández Lago, procederá a bendicir o belén de grandes dimensións, propiedade da catedral de Santiago, e que este ano estará instalado na igrexa de Santo Agostiño. Asistirá tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Este belén está realizado en estilo napolitano. Conta con arredor de cincocentas figuras, realizadas de maneira artesanal, vestidas, e moitas deles con automatismos que permiten darlle movemento. Con preto de 50 m2, este ano vai estar na igrexa de Santo Agostiño, importante templo compostelán situado ao carón da Praza de Abastos pertencente á Compañía de Xesús.

Elixiuse esta ubicación para non afectar aos aforos da Catedral, especialmente nas celebracións litúrxicas previstas con motivo da finalización do Ano Santo Compostelán. Ademais do Nacemento de Xesús, a Anunciación aos pastores e o cortexo dos Reis Magos, represéntanse multitude de esceas de vida cotiá e oficios tradicionais. E propiedade da Catedral de Santiago, grazas á colaboración de Turismo de Galicia.

Ademias do Belén, no claustro da igrexa poderase visitar a exposición fotográfica “Desexos de acougo”, do xesuíta Paulo Teia, misioneiro en Mozambique. Son fotografías artísticas, pero profundamente sociais, que pretenden levar a un diálogo espiritual co concepto do descanso, e a necesidade de reencontro nun mundo que vive cunha sensación de cansanzo, falta de sentido, e de incapacidade para atopar a verdadeira paz.

Poderase visitar ata o próximo 8 de xaneiro, de 10 h a 14 h e de 16 h a 19 h (excepto durante os horarios de misa, entre as 12 h e as 12:30 h, aproximadamente).

pastoralsantiago.es