Inauguración do Curso no Seminario Menor

Este martes, día 15 de setembro, tiña lugar a apertura oficial do curso académico 2015-2016 no Seminario Menor da Asunción. Xa na tarde anterior, os alumnos internos, aos que propiamente chamamos seminaristas menores, incorporábanse a esta a que será a súa casa nos vindeiros meses.

Tras un primer contacto coas aulas e os profesores, dabamos comezo ao acto central do día: a Santa Misa de invocación ao Espírito Santo, na que o Señor Reitor nos invitaba a todos a poñer os talentos que cada un ten nas máns do noso Deus.

No transcurso do Acto Académico houbo un recordo agarimoso ao Profesor Xan Campaña, mestre de tantas xeracións de alumnos, finado nos últimos meses. Tampouco puidemos pasar por alto aos Profesores Manuel Iglesias e Emilio Lojo que, aínda xubilados da docencia dende facía varios anos, tamen dedicaron a súa vida a este Seminario.

A lección inaugural, a cargo do Profesor García Mata, versou sobre a maxistral obra “El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”, ao cumplirse o IV centenario da publicación da segunda parte, dando paso, deste xeito, as palabras concluíntes do Señor Reitor polas que, no nome do Señor Arcebispo, declaraba inaugurado oficialmente o Curso 2015-2016.

Santiago Romero

Archicompostela