Excursión Inter-Arciprestal

O xoves 6 de xuño, tivemos como estes anos, a excursión-convivencia na que participamos 15 sacerdotes de 5 arciprestados desta gran comarca comprendida entre Ordes, Mesía, Arzúa e Santiago.

Mondoñedo acolleunos na persoa de D. Pedro Díaz  Fernández que nos abriu as portas do santuario da Nsa. Señora dos Remedios, onde celebramos a Eucaristía.

 Unha visita guiada á Catedral “axeonllada”, foi o postre a un delicioso xantar, na que tivemos a oportunidade de saudar afectivamente ao recen electo Sr. Bispo de Tuy-Vigo, para ir despois, como cereixa da tarta, despedir a visita cunha oración de agradecemento, á que din ser,  “a catedral máis antiga de España”

 Nada de especial, máis “que doce e delicioso o habitaren os irmáns en unión“, (Salmo 133)é o que fixo deste día, un día moi especial. 

Delegación para el Clero de Santiago de Compostela