Encontro de Antigos Alumnos do Seminario Menor

Preto de un centenar de antigos alumnos do Seminario Menor
congregáronse no colexio de Belvís para poñer fin a unha Semana Cultural
de San Rosendo cargada de actividades.


Tratouse dun sinxelo encontro para volver a verse as caras os que ao
longo destes setenta anos pasaron polas súas aulas. Moitos deles foron
no seu día alumnos internos, polo que disfrutaron ao volver a percorrer
as habitacións, corredores, capelas, biblioteca e outras tantas salas
deste magno edificio que acaba de ser incluído no catálogo de Patrimonio
Cultural de Galicia.


A celebración da Santa Misa, na que se tivo un especial recordo de
aqueles que xa faleceron, dou paso a unha comida de confraternidade que
se prolongou ata media tarde.


A Semana Cultural do Seminario Menor concluíu, pero aínda agardan
outras actividades neste mes de marzo, coma a xornada de portas abertas
do 19 de marzo que, no pasado ano, congregou a máis de cincocentos
visitantes.

Archicompostela