Boletín Nº 66

«A vida do sacerdote é posible vivila soamente apoiados na Fe»

«Se a vida humana está envolvida no misterio, a vida dun sacerdote é unha concentración de misterio, ás veces en medio do silencio de Deus. É posible vivila soamente apoiados na fe. O lume do Evanxeo debe arder nos sacerdotes para transmitir a alegría que necesita o noso mundo sobrado de tristura e de pesimismos. O exemplo de San Xoan de Ávila ilumina a noso compromiso pastoral que ha de motivarnos a dicir o que cremos e a vivir do que cremos, a crer o que dicimos e telo arraigado no noso espírito. Non cesamos de experimentar asombro pola gratitude con que o Señor nos escolleu, pola confianza que deposita en nós e polo perdón que nunca nos nega. Queridos laicos, “sede conscientes do gran don que os sacerdotes son para a Igrexa e para o mundo; a través do seu ministerio, o Señor segue a salvar aos homes, a facerse presente, a santificar. Sabede agradecer a Deus, e sobre todo sede próximos aos vosos sacerdotes coa oración e co apoio, especialmente nas dificultades, para que sexan cada vez máis Pastores segundo o corazón de Deus”. Santa Tareixa de Ávila dicía ás súas monxas que non esqueceran aos sacerdotes na oración. Que fermoso sería que a imitáramos rezando infatigablemente polos ministros do Evanxeo para que non se apague neles o entusiasmo nin o lume do amor divino e se entreguen de todo a Cristo e á súa Igrexa, de xeito que sexan para os demais compás, bálsamo, acicate y consolo como o foron para ela». (MONS. JULIÁN BARRIO BARRIO, De la Homilía en la Fiesta de S. Juan de Ávila, 8-5- 2015).

Boletín de la Delegación para el clero

del Arzobispado de Santiago de Compostela -Mayo 2015-

Número especial: Fiesta de S. Juan de Ávila


Descárgatelo en Pdf aquí