Bo comezo da Escola de Familias do Seminario Menor

Este ano a Escola de Familias do Seminario Menor comeza pisando forte…

Trátase do terceiro curso no que levamos adiante este espacio de encontro tan demandado polas familias e que tan bo resultado está dando. Tanto é así que, no primeiro dos encontros deste ano e, a pesares de non ser un centro moi numeroso, contamos coa asistencia dun total de trinta persoas. Inda así non nos conformamos e por iso seguímolos invitando a participar en vindeiras edicións e a animar a outras familias coñecidas para as cales tamén é esta iniciativa.

Vaian tomando nota. Voltarémonos a ver o venres 13 de novembro ás 16:00 horas.
Santiago Romero
Seminarista

Archicompostela