A Palabra… en familia en Compostela

  • LECTURA pública e continuada da BIBLIA, un libro de plena actualidade e decisivo para a Humanidade


Queremos, con esta xornada, poñer en valor a Palabra de Deus na vida
cotiá, como lámpada que ilumina os pasos das nosas vidas e das vidas das
nosas familias.


Durante toda a xornada, que dará comezo ás 11:00, realizaranse
actividades lúdicas para nenos; lerase a Biblia en diferentes idiomas;
poderase visitar unha exposición de Biblias; virán convidados famosos; e
haberá algunha sorpresas máis… A clausura prevese ás 20:00.


Quen pode, entón, vir ler a Biblia o 28 de setembro?


A Biblia non só poden lela os crentes, senón todo aquel que busca
sempre algo máis. Todo aquel que sentíndose insatisfeito anhela atopar
as verdades que lle permitan vivir feliz e en harmonía con toda a
creación na que vive.


Poden vir familias enteiras. Poden vir curiosos, sós ou en compañía.
Poden vir crentes que coñecen a Biblia. Cristiáns de todas as
confesións. Ateos. Buscadores de algo máis… Todo aquel que considera a
Biblia algo importante; ou todo o que, sen coñecer aínda se ler a Biblia
merece a pena… queira atreverse a descubrir uns textos que poñen voz a
Deus.


É necesario inscribirse desde a nosa páxina web e seleccionar en que
franxa horaria quere un facer a lectura. Recibirá un email coa
información necesaria para ese día. Todas as novidades deste evento
iranse publicando en www.comunidadecana.org.


Fuente: www.comunidadecana.org

pastoralsantiago.es