A Diocese presente no Encontro de primeiro anuncio “Pobo de Deus unido na misión”

Este fin de semana unha representación da Diocese, o arcebispo D. Francisco Prieto, laicos e laicas, sacerdotes e diáconos, estivo presente no Encontro de primeiro anuncio “Pobo de Deus unido na misión”.

Enviados pola Diocese fumos percorrendo, xunto a máis de 600 persoas de toda a Igrexa que peregrina en España, un camiño de profundización do primeiro anuncio como prioridade pastoral.

Durante ese camiño fumos pasando por varias paradas: primeiro, facer primeiro anuncio na vida cotiá, porque como bautizados somos unha misión. Descubrimos que temos que estar presentes, dar testemuño, abrirnos ao diálogo coas persoas e anunciar a boa nova.

Tamén fixemos parada en como acompañar a quen descubre a Xesús, para que alimente a súa fe na comunidade, porque non podemos vivir alleos.

E por último, a importancia da conversión pastoral e que temos que con-formarnos ao estilo de Xesús de Nazaret.

Volvemos á nosa archidiocese para poñer en común o vivido en Madrid, e resaltar que o primeiro anuncio é ir ao esencial: anunciar o amor de Deus, que vén a salvarnos e que se mostra no día a día en cada persoa e en toda circunstancia.

Alfredo Losada
Delegado para o laicado

Archicompostela