O Belén estará na Praza do Obradoiro

En decembro de 2016, cidadáns de Santiago de Compostela puxeron o
Belén na Pza do Obradoiro. Este ano poñeremos outro Belén artesán o
sábado 23 de decembro de 2017.


En todas as latitudes son as persoas, familias, asociacións e
institucións as que poñen o Belén nas casas e nos espazos públicos. O
pobo quere así facilitar que todas as persoas que o desexen poidan
contemplar o nacemento de Xesús no pesebre.


Contemplando o pesebre tamén nos facemos conscientes dos moitos
pesebres que hai no mundo. Hoxe os pesebres están na guerra, nos
desprazados buscando un lugar onde vivir; están nas cadeas ou nos CIES
indignos. Xesús nace en cada neno escravo, no pai de familia explotado,
nas persoas que viven na rúa.


Poñer o Belén no centro da cidade, na Praza do Obradoiro que é lugar
de acollida, é un símbolo de paz, de amor e xustiza. Iso é o que
queremos facer moitos en Santiago o sábado 23 de decembro ás 12h.


Os cristiáns de Santiago organizámonos para que o Belén estea na
praza pública e sexa cousa do pobo, e non dependa exclusivamente da
vontade das institucións. Todo o Belén que imos poñer este ano é artesán
e feito con materiais de refugallo.


Desexámosvos a todos un Bo Nadal, que sirva ao Amor, á Solidariedade, á Xustiza e á Paz.


SÁBADO 23 DE DECEMBRO

12,00H. Colocaremos o Belén no Obradoiro.

Panxoliñas.


Persoas que atenden á prensa:

Teresa 630115130

Joaquín 609880967

Laura 663671769

pastoralsantiago.es