Iglesias

XXVIII Xornadas de Poio

Iglesias

A reflexión eclesiolóxica do Concilio Vaticano II e os notables
cambios sociais e culturais dos últimos decenios induciron, a diversas
Igrexas particulares, a reorganizar a forma de encomendar a cura
pastoral das comunidades parroquiais. Isto permitiu iniciar
experiencias novas, valorando a dimensión da comuñón e
realizando, baixo a guía dos pastores, unha síntese harmónica de
carismas e vocacións ao servizo do anuncio do Evanxeo, que
corresponda mellor ás actuais esixencias da evangelización.
O Papa Francisco, ao comezo do seu ministerio, lembraba a
importancia da “creatividade”, que significa «buscar camiños
novos», ou sexa «buscar o camiño para que o Evanxeo sexa
anunciado»; respecto diso, concluía o Santo Pai, «a Iglesia, tamén o
Código de Dereito Canónico dános tantas, tantas posibilidades,
tanta liberdade para buscar estas cousas».
PAPA FRANCISCO “Instrución A conversión pastoral da comunidade parroquial ao servizo
da misión evanxelizadora da Igrexa a cargo da Congregación para o Clero, 20.07.2020”

Dossier informativo (PDF).

pastoralsantiago.es