XII Jornadas de Actualización Teológico Pastoral

O Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas organiza as décimo segundas Xornadas de Actualización Teolóxico-Pastoral. Nesta ocasión baixo o título xenérico “A arte como Revelación. Contemplando a Deus a través da beleza.

As xornadas comezarán este próximo martes, 18 de novembro. A profesora do centro e delegada de misións da arquidiocese, Fátima Noya, enlazará Sagrada Escritura e arte nunha conferencia que leva o suxestivo título “E viu Deus que todo era moi belo”. A conferencia comezará ás 19H.

Por problemas de axenda a seguinte conferencia trasládase ao martes 2 de decembro. O chanceler da Arquidiocese e cóengo da catedral, Elisardo Temperán, disertará sobre “A arte, camiño para o encontro con Deus, autor de toda beleza”, usando como fío condutor o Pórtico da Gloria, expresión máxima da catequese a través da arte. A conferencia comezará ás 20:30H.

Pechará as xornadas o martes 9 de decembro, á hora habitual das 19H, a profesora de Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Cacheda. Contemplando a Deus a través da arte. Devoción e beleza na estampa libresca do século XVII”.

Desde o ISCCR convídanse a todos os laicos da diocese, e en especial aos profesores de relixión, a asistir a estas xornadas.

A inscrición deste curso é gratuíta. Inscrición en Secretaría do ISCCR (de martes a xoves de 18:00 a 21:00 h), Praza da Inmaculada, 5 .- 15704 Santiago de Compostela
Tlf.: 981 58 62 77 secretariocr@itcdesantiago.org

Archicompostela