Enmarcada no proxecto “A Arte de Comunicar” hoxe inauguramos no Seminario Menor da Asunción, a XI Semana Cultural.
Unha semana chea de actos e conferencias que o noso alumnado agarda con ilusión e que comezou ca conferencia “A Viaxe dun Festival Galego” a cargo de Luis Pazos e Francisco Alvite, responsábeis do “Rompetiño Jump Festival”, celebrado en Porto do Son.
A xornada continuou coa transmisión en directo dende o noso salón de actos do programa matinal da cadea COPE. Contamos ca honra de Paula Pájaro, que exerceu como madriña da nosa propia emisora, a través da que emitiremos podcasts redactados e gravados polos nosos rapaces e rapazas. Entrevistou en directo a representantes de distintos cursos que falaron sobre o “Clube de Crime dos Venres”, enmarcado no plan lector, ou a súa experiencia como actores do grupo de teatro.
Igual de interesante foi a conferencia da tarde “A comunicación dende o xornalismo ás novelas” a cargo da escritora e xornalista María Solar, gañadora de prestixiosos concursos literarios.
Un día intenso e distinto no que recalcamos a importancia da comunicación e dos distintos medios nas relacións sociais.
Fuente: smasuncion.es