Parroquia de guardia: Corme, Ponteceso e Unidas

Só con pronunciar “Que din os rumorosos, na costa
verdecente…” xa se faría imprescindible Ponteceso, concello que viu
nacer a Eduardo Pondal, creador do poema «Os Pinos», que acabaría
convertido no Himno de Galicia. O poeta foi o o derradeiro de sete
irmáns, nunha familia enriquecida pola emigración americana. Estudaría
gramática latina en Nemiña, cun parente clérigo: Cristóbal de Lago. Por
desgraza, de literatura non se vive, normalmente. Así, a Punta de O
Roncudo criará para o mundo enteiro ao rei do marisco: o percebe. O
prezado monarca, críase amando o ronquido que produce a mar nese lugar,
cando golpea con forza nos acantilados. A principios do século XX Corme
viviu o seu esplendor: primeiro porto de España en exportación de
madeira; 8 fábricas de conservas; cetárea de langostas; mercantes… O
máis importante é que hoxe, fieis e sacerdotes do lugar (J.M. Varela e
Fernando P.C.), únense en oración, pedindo dun xeito especial por todos
os diocesáns. A súa comunión é forza para a Igrexa.


Algún signo de vida parroquial no tempo de coronavirus:


– Utilizando a plataforma web: http://parroquiascormeponteceso.com/,
os párrocos manteñen a formación e a piedade dos fregueses, propoñendo
distintas reflexións, imaxes, oracións ou recordos de momentos
anteriores (por exemplo as vivencias da Virxe das Dores de outros anos
ou a Semana Santa que se viña realizando).


– Comunicación frecuente cos distintos colaboradores parroquiais,
especialmente atentos ás persoas soas, maiores ou necesitadas. O
contacto mediante as redes de Instagram e Facebook queda aberta para
calquera inquedanza ou preocupación dos fregueses.


– Situacións de acompañamento no duelo ás familias: ante a
“violencia” que supón ter que enterrar a unha persoa coa frialdade á que
obriga o confinamento cidadán, cóidase dun xeito humano, cercano e
relixioso que as persoas estean o máis arroupadas posibles.


– Cáritas parroquial: en colaboración con Protección Civil do
Concello e a Cruz Vermella, mantense a atención primaria das 16 familias
amparadas pola institución da Igrexa. A problemática de moitas familias
con escasos recursos empeora co confinamento, pois con el impídense os
ingresos mínimos que poderían soster a estas persoas.

pastoralsantiago.es