
O programa Seres, emitido pola CRTVG e dirixido por Rubén Ríos, dedicou a súa última entrega a unha conversa con Víctor Manuel Blanco Naveira, predidente da Asociación Raíña.
Na entrevista, Blanco Naveira explicou os obxectivos e proxectos que desenvolve a entidade, impulsanso o desenvolvemento rural sostible mediante a agricultura ecolóxica, xerando emprego e promovendo a alimentación saudable, a inclusión social e a educación ambiental a través de obradoiros, produtos de proximidade e programas de acollida temporal. O diálogo permitiu achegar ao público a realidade dunha asociación que busca dar voz a iniciativas comunitarias e fomentar a participación cidadá.
O programa Seres, que se caracteriza por ofrecer testemuños de persoas e colectivos que contribúen á diversidade e á riqueza cultural de Galicia, reforza así o seu compromiso coa difusión de historias que conectan coa sociedade galega contemporánea.








