A Catedral acolleu a solemne cerimonia na que se renovan as promesas sacerdotais e conságranse o Santo Crisma e os Santos Óleos
O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, presidiu esta mañá a Misa Crismal. Unha cerimonia que tivo lugar na sede catedralicia e que anticipa o inicio do Triduo Pascual.
Monseñor Prieto estivo acompañado polo arcebispo emérito mons. Julián Barrio, o arcebispo emérito de Tánxer mons. Santiago Agrelo, e mons. Isidoro Mora, bispo de Nicaragua, así como membros do cabido catedralicio, vigairos, arciprestes, numerosos presbíteros e diáconos que integran o clero da Diocese -quen renovou as promesas que fixeron o día en que recibiron o sacramento da Orde-, membros da Vida Consagrada, diocesanos, peregrinos…
Esta Misa recibe o seu nome do termo crisma proveniente latín “chrisma”, que significa unción, pois nela conságranse e bendín os óleos que han de ser usados nos sacramentos do Bautismo, Confirmación e Unción de enfermos ao longo de todo o ano nas diferentes parroquias.
Mons. Prieto invitou aos sacerdotes presentes a facer presente o seu ministerio ca súa carga de alegrías e fatigas, de esperanzas e desilusións: “Necesitamos intercambiarnos miradas de coidado e de compaixón (…). Pídovos que nos deixemos mirar por ese Señor que pon en cada un de nós a súa misericordia e a súa gracia”
O prelado compostelán tamén afirmou que ministerio pastoral non se mide polos éxitos, nin polo frenesí das actividades, senón que é necesario permanecer no Señor para dar froito: “El é o que ten que ser o noso descanso, é a tenrura que nos consola”.
Mons. Prieto subliñou que “ser sacerdote é unha graza, unha graza moi grande que non é, en primeiro lugar, unha graza para nós, senón para o pobo que nos é confiado”. E engadiu “no centro da nosa vida sacerdotal ten que estar Cristo, ten que estar a amizade e a paixón por El (…). Somos unxidos para botar xuntos as redes”.
Terminou a súa homilía dando as grazas a todos os sacerdotes polo seu testemuño, polo seu servizo, polo moito ben que fan, polo perdón e o consolo que dan no nome de Deus. E pedindo aos diocesanos que teñan sempre presente aos sacerdotes na oración, no acompañamento, no agradecemento e na axuda.
Previamente a esta celebración, os sacerdotes da Diocese participaron nun retiro, que nesta ocasión foi dirixido polo delegado diocesano para o Desenvolvemento Humano e Integral, José Ramón Amor Pan, na Capela do Seminario Maior Compostelán.