Carta Pastoral no octavario pola unidade dos cristiáns


Que esixe o Señor de nós?

Queridos diocesanos:

A Semana de Oración pola
Unidade dos Cristiáns de 2013 celébrase no Ano
da Fe
, que o papa Bieito XVI propuxo para
celebrar o cincuenta aniversario da apertura do Concilio Vaticano II. O profeta
Miqueas pregúntase: “Que esixe o Señor de nós?” (cf. Mi 6,6-8). Ao apóstolo
Pedro e aos demais apóstolos preguntábanlles: “Irmáns, que debemos facer?” (Feit 2,37). Son dous interrogantes converxentes nesa
preocupación que ha de unirnos a todos os cristiáns tratando de favorecer a
unidade de todos os cristiáns.

O profeta Miqueas indícanos que temos que “practicar a xustiza, amar a fidelidade e comportarnos humildemente co
noso Deus
” (Mi 6,8). O verdadeiro ecumenismo comporta loxicamente un
diálogo teolóxico que ha de estar avalado por unha actitude espiritual de vida
e un testemuño común, o testemuño da verdade e da caridade. Isto é o que ha de
dinamizar as nosas relacións ecuménicas. Traballar pola paz, promover o
respecto á vida dende a súa concepción ata a súa morte natural, protexer a
familia fundamentada no matrimonio entre un home e unha muller, axudar aos
pobres e aos perseguidos pola súa fe, coidar a natureza… son entre outros
referentes para o diálogo e o compromiso entre todos os cristiáns e mesmo cos
non cristiáns…

.

  Carta Pastoral Ecumenismo 2013 (castellano)

  Carta Pastoral Ecumenismo 2013 (gallego)