Carta Pastoral no Día do Corpus Christi


Festividad del Corpus Christi

Domingo, 22 de junio de 2014

 
“Alume así a vosa luz aos homes” (Mt 5, 16)

“A historia da Igrexa exprésase especialmente a través da caridade. Século tras século viviu e está a vivir a inquietude por aqueles que forman parte da “cultura do descarte”, asumindo diferentes compromisos en función das necesidades que se ían presentando nesa paixón polo home, “o único camiño que a Igrexa ha de percorrer”. O compás orientador foron sempre as palabras de Xesús na sinagoga de Nazaret: “O Espírito do Señor está sobre min porque El foi quen me unxiu para proclamarlles a Boa Nova aos pobres. Mandoume para lles anunciar a liberación aos secuestrados e a vista aos cegos, para lles dar liberdade aos asoballados… Logo empezoulles a dicir: Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura” (Lc 4,16-22). Era un convite a camiñar dende El e este compromiso leva consigo continuar unha tradición de caridade que tivo múltiples manifestacións para dar outras tantas respostas ás necesidades do home que interpelan sempre a sensibilidade humana e cristiá”. (D. Julian Barrio. Da Carta Pastoral no Día do Corpus Christi 2014)

.

  Carta Pastoral no Día do Cospus Christi 2014 (gallego)

  Carta Pastoral en el Día del Corpus Christi 2014 (Castellano)