Carta Pastoral no Día da Vida Consagrada


Día da Vida Consagrada 2015

 «Amigos fortes de Deus»


«Iniciabamos o Ano da Vida Consagrada con confianza, alegría e esperanza. Comentábavos entón que era un acontecemento de graza para recordar con memoria agradecida o pasado recente, vivir o presente con paixón, abrazar o futuro con esperanza, deixarse mirar polo Señor e orientar a vida dende El, envolvidos polo seu amor. Con esta inquietude é necesario apoiarse nos criterios do Evanxeo, no carisma do voso Fundador ou Fundadora, baixo a guía do Espírito e da compañía da Igrexa, posibilitando que os carismas recuperen a súa liberdade para descubrir a verdade amorosa da vosa consagración. É bo recordar as palabras dirixidas ao profeta Elías: “Sae de aí e fica de pé no monte, diante do Señor. Porque o Señor vai pasar” (cf. 1Re 19,11). Non posterguedes esta chamada e deixade que o Señor se sente ao voso lado para que vexa o que estades a realizar e vos invite a facer o discernimento oportuno para ser eses “amigos fortes de Deus”.»

Da carta Pastoral no Día da Vida Consagrada. D. Julián Barrio Barrio.

.

  Carta Pastoral no Día da Vida Consagrada 2015 (gallego)

  Carta Pastoral en el Día de la Vida Consagrada 2015 (Castellano)