Carta Pastoral no Advento


“Os cristiáns levamos en nós mesmos a vida do Señor resucitado que habemos de testemuñar coas palabras que dicimos, co espírito cristián con que vivimos, coas obras de caridade que realizamos. Só así seremos sal da terra, luz do mundo (Mt 5,13), e bo olor de Cristo (2Cor 2,15). A insolidariedade e a inxustiza, o hedonismo e a corrupción, o fanatismo e a dureza de corazón, a avaricia e a cobiza, o egoísmo e o odio son idolatría que nos impide ver esa presenza de Deus no outro e ter entrañas de misericordia con el. A pobreza do Neno Deus no seu nacemento estanos a indicar que cando teñamos que pasar pola porta estreita que leva á vida (Mt 7,14), unha causa que nos pode impedilo é aquilo que levamos e que pertence aos demais, e aquilo que nos é propio e que non o compartimos. Día a día quen o están pasando mal, esperan a nosa proximidade e axuda. Non sexamos indiferentes! Cada quen segundo as súas posibilidades vexa a forma de responder ás necesidades dos demais! O amor é o único camiño que humaniza o home de onte, hoxe e mañá.”. (D. Julian Barrio. Da Carta Pastoral no Advento 2013)


.

  Carta Pastoral no Advento 2013 (gallego)

  Carta Pastoral en el Adviento 2013 (Castellano)