Carta Pastoral na Solemnidade de Pentecoste


Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar
Solemnidade de Pentecoste 2014

A Christifideles Laici á luz da Evangelii Gaudium

“Dános confianza saber que o Señor fai o camiño connosco “xa que a obra é ante todo de El, máis alá do que poidamos descubrir e entender. Xesús é o primeiro e o máis grande evanxelizador. En calquera forma de evanxelización o primado é sempre de Deus, que quixo chamarnos a colaborar con El e impulsarnos coa forza do seu Espírito… Esta convicción permítenos conservar a alegría no medio dunha tarefa tan esixente e desafiante que toma a nosa vida por enteiro. Pídenos todo, pero ao mesmo tempo ofrécenos todo”.
    A nosa diocese está mergullada nun proceso sinodal, un camiño compartido por todos para poñer o evanxeo e a persoa de Cristo o Señor no centro da vida persoal e eclesial. Entendemos o Sínodo como un acontecemento de graza, no que o Señor nos mostrará o que temos que facer nesta hora como igrexa súa. Hoxe os cristiáns estamos chamados a ser vixías que, atentos á Palabra de Deus, podamos saír de camiños xa trillados e descubrir na vida o misterio da dor e a forza vital da resurrección. A nosa Igrexa diocesana é testemuña de que son milleiros e milleiros de persoas de toda idade e condición, que deixando atrás a rutina que asfixia a súa alma, facéndose peregrinos comparten non só seu alimento e o seu tempo, senón a súa fe e as súas esperanzas máis profundas.”.
(D. Julian Barrio. Da Carta Pastoral na Solemnidade de Pentecoste 2014)

.

  Carta Pastoral na Solemnidade de Pentecoste 2014 (gallego)

  Carta Pastoral en la Solemnidad de Pentecostés 2014 (Castellano)