Asi viviron o equipo de Apostolado Seglar da nosa Diocese de Santiago as Xornadas de Apostolado Seglar en Madrid

A fin de semana do 21-22 de outubro, o vicario de Pastoral, Javier Porro, e os membros do equipo de Apostolado Seglar de Santiago, Alfredo Losada e Francisco Durán, participamos nas 45 Xornadas de delegados de apostolado seglar e responsables de movementos e asociacións.

Estas xornadas foron un tempo de discernir e dialogar sobre a necesidade de que o primeiro anuncio, é dicir, o anuncio da mensaxe de salvación que veu traer Xesucristo, sexa a mensaxe central da acción pastoral.

Tamén foi o marco para presentar o esquema do Encontro nacional de laicos sobre primeiro anuncio que terá lugar en Madrid a fin de semana do 16-18 de febreiro de 2024.

Dos tres momentos a destacar, o primeiro foi a ponencia a dúo de Juan Ignacio Damas, vicario de Jaén, e Josep Otón, catedrático de historia, en torno á misión evanxelizadora de todo bautizado e a prioridade do anuncio do evanxeo para unha igrexa renovada e en saída.

O segundo momento foi a dinámica de traballo en grupo que vertebrou as xornadas e que favoreceu a aportación de achegas á dinámica do encontro de febreiro e como seguir artellando a sintonía cos outros tres itinerarios do Congreso de laicos: acompañamento, procesos formativos e presencia na vida pública.

E o último foi a conexión por videoconferencia con Luis Manuel Romero, o director da Comisión episcopal de Laicos, Familia e Vida, e Eva Fernández, da ACG, que compartiron a súa experiencia de participar na fase sinodal en Roma. 1 de 7

pastoralsantiago.es