As irmás do Mosteiro de San Paio de Antealtares visitan Raíña

Indo “tras as pegadas de San Pedro de Mezonzo”, foron os vosos pasos os que alegraron estas terras, que con ilusión acollían a vosa visita.

Un día profundamente espiritual, gozoso e fraterno, no que as irmás do Mosteiro de San Paio de Antealtares visitaron Raíña, tamén a futura casa de acollida en Curtis, a Escola ecolóxica de Vilasantar co equipo da Asociación Raíña e o grupo de “maiores” que cada xoves acollemos aquí.

Despois de cantar a Salve en Santa María de Mezonzo, a visita guiada ao Mosteiro de Santa María de Sobrado e rezar vésperas coa comunidade, só nos quedaba dar grazas á Raíña do Ceo por tan marabilloso e bendicido día.

A.M.G.D 2 de 5

pastoralsantiago.es